A Quen nos diriximos

Dirixímonos a todas as persoas que necesiten asesoramento nutricional:

– EDUCACIÓN , SANIDADE E SERVIZOS SOCIAIS :

  • Centros de ensino e gardarías.
  • Hospitais
  • Servizo de Nutricionista para farmacias .
  • Residencias Xeriátricas e Centros de día para maiores.
  • Asociacións , centros de beleza , barbarías , etc

– EMPRESAS DE RESTAURACIÓN :

  • Caterings
  • Hoteis ,  Balnearios , Casas de turismo rural , etc
  • Restaurantes , cafetarías , etc

– EMPRESAS E DEPARTAMENTOS DE MERCADOTECNIA E PUBLICIDADE.

– ENTIDADES DEPORTIVAS :

  • Escolas Deportivas
  • Ximnasios
  • Clubs , etc

– CONSULTA INDIVIDUAL E PERSOAL

Atención en consulta por unha nutricionista titulada: que lle fará unha Avaliación do Estado Nutricional e en función dos resultados elaborarémoslle un Plan Nutricional Personalizado para conseguir os obxectivos establecidos.

Atención nutricional en liña : o mesmo procedemento que en consulta pero sen necesidade de desprazarche , aforrando tempo.

Atención nutricional con desprazamentos : domicilios, colexios, farmacias , etc onde se procederá da mesma forma, farase unha Avaliación do Estado Nutricional do paciente e en base aos resultados un Plan Nutricional Personalizado adaptado a cada persoa.

Asesoramento Nutricional Persoal e Individual

Asesoramento individual e persoal, na nosa consulta ou servizo on-line ,  cunha nutricionista titulada .

Realizarémoslle unha Avaliación do seu Estado Nutricional ( EEN )  .

A EEN é un proceso complexo que abarca multitude de determinacións:

Valoración dos seus Hábitos Alimentarios.

Antropometría : peso , talla , Índice de masa corporal  (IMC) , complexión , etc

Se é posible e se o desexa o paciente é aconsellable unha Bioquímica (analítica )

Avaliación clínica : posibles enfermidades , posibles carencias , etc

Revisión do consumo de fármacos.

Con toda esta información realizarémoslle ao paciente un Plan Nutricional Personalizado , baseado nos seus requirimentos persoais de necesidades enerxéticas  e  de nutrientes , ao seu estilo de vida , á súa idade, sexo e loxicamente axustado ás posibles patoloxías existentes como poden ser  : sobrepeso , hipertensión ,colesterol malo alto , dislipemias  , trastornos dixestivos , etc

Deseñarémoslle un Plan Nutricional Personalizado para alcanzar o obxectivo fixado a conseguir, sen pasar fame, sen eliminar ningún nutriente esencial e de maneira sa e equilibrada.

Atendemos en consulta pero tamén dispomos do servizo a on-line , a través de consulta a través da nosa WEB , para todas aquelas persoas que non teñen tempo ou non queren desprazarse até as nosas sedes .

O procedemento a seguir será o mesmo que en consulta, o que aforrase será no tempo de non ter que desprazarse.