Asesoramento Nutricional Persoal e Individual :

Asesoramento individual e persoal, na nosa consulta ou servizo on-line ,  cunha nutricionista titulada .

Realizarémoslle unha Avaliación do seu Estado Nutricional ( EEN )  .

A EEN é un proceso complexo que abarca multitude de determinacións:

  • Valoración dos seus Hábitos Alimentarios.
  • Antropometría : peso , talla , Índice de masa corporal  (IMC) , complexión , etc
  • Se é posible e se o desexa o paciente é aconsellable unha Bioquímica (analítica )
  • Avaliación clínica : posibles enfermidades , posibles carencias , etc
  • Revisión do consumo de fármacos.

Con toda esta información realizarémoslle ao paciente un Plan Nutricional Personalizado , baseado nos seus requirimentos persoais de necesidades enerxéticas  e  de nutrientes , ao seu estilo de vida , á súa idade, sexo e loxicamente axustado ás posibles patoloxías existentes como poden ser  : sobrepeso , hipertensión ,colesterol malo alto , dislipemias  , trastornos dixestivos , etc

Deseñarémoslle un Plan Nutricional Personalizado para alcanzar o obxectivo fixado a conseguir, sen pasar fame, sen eliminar ningún nutriente esencial e de maneira sa e equilibrada.

Atendemos en consulta pero tamén dispomos do servizo a on-line , a través de consulta a través da nosa WEB , para todas aquelas persoas que non teñen tempo ou non queren desprazarse até as nosas sedes .

O procedemento a seguir será o mesmo que en consulta, o que aforrase será no tempo de non ter que desprazarse.

[contact-form-7 404 "Not Found"]