CONUGA

Somos unha Consultoría Nutricional Galega que traballamos para dar a coñecer a importante que é  levar unha correcta alimentación e así poder mellorar, día a día , a calidade de vida de moitas persoas.

Dispoña na  súa empresa de Menús sans , equilibrados e adaptados á normativa vixente ,  á ” Lei de Seguridade Alimentaria e Nutrición ” e asinados por expertos en nutrición competentes para iso.

Ofreza un plus de calidade na súa empresa e promova ?Hábitos de vida saudable ? a través dunha ?Alimentación Sa e Equilibrada ? avalada e certificada por especialistas.

Reduza  os seus custos fixos de persoal externalizando o seu servizo de ” Dietista-Nutricionista”  na elaboración , supervisión , adaptación , información etc dos seus Menús.

Servizo de Validación e Certificación Dietética de Menús dispoñible para toda Galicia.

Ofrecemos un servizo de calidade , innovador , profesional e serio .

Os traballos son personalizados e individuais adaptados ás necesidades de cada cliente.

 Conuga é unha empresa Galega , orgullosa de selo , polo que ademais de adaptar os menús ás necesidades particulares de cada empresa , publico ao que vaian dirixidos os menús , etc promovemos a gastronomía galega , na medida do posible introducimos na nosa validación de Menús os nosos produtos autóctonos , que mellor que para levar unha Alimentación Saudable e Equilibrada que aproveitar as bondades dos nosos peixes , as nosas carnes ,as nosas verduras , lácteos , etc .

Somos conscientes do período de crise no que estamos envoltos e por iso queremos ofrecer prezos axustados á situación , así que consulte sen compromiso o seu orzamento , díganos o que necesita ou o que lle gustaría e seguro que chegamos a un acordo .

Rosa Bugeiro Díaz

Directora de CONUGA

Técnica Superior en Dietética e Nutrición

 

  [contact-form-7 404 "Not Found"]